13 may 2015

V ANIVERSARIO DA REBOLIÑA

Este martes a nosa mascota estivo de aniversario, cumpriu 5 anos. Parabéns Reboliña!!!
Rebolibicos.

12 may 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY

Comezamos a Semana das Letras Galegas dun xeito  moi especial.
Que emoción cando vin entrar no cole a FINA CASALDERREY!! Non o podía crer , igual que os nen@s de 1º cando a viron entrar na súa aula.
Que ben o pasamos na biblioteca con ela, falounos dunha tal "sensibilidade", contounos moitas cousas sobre a súa vida e obras.. Os nen@s de 1º contáronlle o último conto que estiveron traballando "Cando a terra esqueceu xirar". Firmou moitos libros...
Moitas GRAZAS Fina!!


14 abr 2015

DÍA DO LIBRO

Xa temos lista a nova exposición de libros titulada "Os nosos autores",. Para conmemorar o Día Mundial do Libro este ano preparamos xunto ao mural que hai na entrada do colexio unha exposición de libros dos autores que estamos a traballar no proxecto deste curso. Nela poderedes atopar libros de Pepe Carreiro, Fina Casalderrey, Castelao, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquexz, Rosalía de Castro... Vinde a visitala!!


CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro dun xeito moi especial no Ceip Cerdeiriñas, seguindo co proxecto deste curso "Os nosos autores" aproveitamos para nomear a aula de audiovisuais como aula de Rosalía de Castro. Tamén xa está listo o mural adicado a autora, feito con caixas de CD´S, quedou chulísimo!!