31 ene 2014

30 DE XANEIRO

Onte fixemos un alto na nosa rutina escolar para pensar nesta palabra tan curta e tan usada... pero non por iso realmente respectada.
Todas e todos sabemos que é a  PAZ, pero cando nos imos facendo maiores parece que a escondemos nun recuncho para que non nos moleste. Temos que mirar para os máis pequenos da casa, porque eles aínda cren que é posible vivir nun mundo sen discriminación e sen guerras. Un breve momento para a esperanza... a ver se cando eles medren :-)

Aquí vos deixamos un resumo gráfico do que fixemos ao longo do día


23 ene 2014

ESCOITADE ESTO, PEQUES

Unha música marabillosa a cargo duns musicazos... escoitádea porque nos vos ides arrepentir


22 ene 2014

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA



Pincha e visita este interesante enlace no que descubrirás a orixe dos símbolos da Paz e algo sobre a vida de Mahatma Gandhi, do recentemente falecido Nelson Mandela e de outras persoas que, grazas ao seu traballo e á súa loita, conseguiron acabar con moitas desigualdades

Nesta unidade didáctica poderás por en práctica o aprendido

17 ene 2014

SI, GÚSTANOS LER!!

10 ene 2014

O GRUPO DE TEATRO


Como sabedes, o 29 de decembro representouse no auditorio de novo O Escuadrón dos Milaghres, e foi, tamén de novo, un exitazo. Había moita xente, que quedou encantada, e nós tamén. 
Agora retómanse os ensaios para preparar o vindeiro asalto, que vai ser... (de momento mantense en segredo) ;-)

Se queredes saber máis, entrade no blog do grupo de teatro.