24 oct 2013

PROXIMAMENTE...

Proximamente poderedes asistir ao estreo de "As contas da casa non ditan coas da feira".

Para ver o trailer, pincha na Rebo

15 oct 2013

OS PEQUES FAN ZUME DE UVA

Pincha na foto e visita a nosa web para ver o traballadores que están os de 3 e 4 anos...


11 oct 2013

O AGARDADO VÍDEO!!

É unha das moitas cousas que tinhamos pendentes do ano pasado... non damos feito!!


Grazas polas fotos preciosas que nos achegastes!!

10 oct 2013

A BIBLIO ESTÁ VIVA

É marabilloso comprobar como cada día, cada ano, cada recreo... a nosa biblioteca está máis viva.

Son moitas e moitos os peques que visitan a casa dos libros, a casa da imaxinación, da información, da experimentación, do saber, dos xogos, da música... da cultura. Entran nela para pasar un bo anaco, para escudriñar na busca dun libro ou dunha nova páxina de enredos no blog...

O esforzo destes anos comeza a dar froitos... froitos mooooi saborosos! Sen dúbida é un empuxonciño para moitas persoas, pero sobre todo para unha: unha que apostou por que este espazo fora o cerebro do noso cole... e xa o conseguiu!

E vós a seguir así!!!


8 oct 2013

DEGUSTACIÓN DA NOSA COLLEITA

Esta foi sen dúbida a parte máis divertida do proceso, verdade?
DEGUSTACIÓN DA NOSA COLLEITA