18 abr 2013

PONTE EN MARCHA...E LE!

Canto tempo rebolinhos!!
Como sabedes, xa podedes comezar a enviarnos as vosas fotos. Lembrades que ben nos quedou o ano pasado a árbore?
Podedes saír con quen vós queirades, xa sabedes, subidos a calquera medio de transporte. Animade ás vosas avoas, avós, mamás e papás.

Déixovos esta cancionciña para celebrar que o sol se dignou a saír...

Rebolibicos

9 abr 2013

O RECUNCHO D@S PAIS E NAIS

Xa había tempo que tiñamos gañas de facer un recunchiño para que as mamás, os papás, as avoas e avós... viñeran ler, e por fin o conseguimos. 
Inaugurouse o 25 de febreiro. Veu un montón de xente e o acto presentárono dúas escritoras, Consuelo Souto e Silvia Rey Souto, que son avoa e tía, respectivamente, de dous alumnos. 

Agora só queda que veñades e o decoredes con boas lecturas.

Rebolibicos