23 abr 2012

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL



Preme na imaxe e ao rematar a ver se es capaz de contestar á miña pregunta:

Por que se elixiu o 23 como Día do Libro?

22 abr 2012

LENDO Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE

Como vos adiantei onte, ésta é a actividade que se realizara no colexio ao longo da semana.

Gustaríanos facer unha montaxe con fotos e vídeos, polo que vos convido a que nos acheguedes tamén as vosas.

PAPIS, AVÓS, TÍOS, VECIÑOS...
a cousa é moi sinxela:


Escollede un libro, escollede unha árbore e pasede un bo momento cos cativos/as.
Ah!! e non vos esquezades de sacar unha fotiño, e mandárnola despois. Se non é moito pedir, poñédenos tamén onde foi sacada e como se chama a árbore.




Pasádeo ben!!!!!!!

21 abr 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: POR QUE O 23 DE ABRIL?

A vindeira semana, os nosos amigos da biblio (os libros)  seica van estar de festa...
Polo que escoitei os libros van saír ao patio e vanse colocar debaixo da súa árbore preferida, agardando a que algunha nena ou neno maior o colla e o lea en voz alta, para os demais. E tamén me dixo un paxariño que haberá algunha que outra sorpresa...

Ten boa pinta, non?



Pero... alguén sabe por que se elixiu esa data? Por que o 23 de abril? que pasou ese día de especial?



16 abr 2012

CÓMIC DO BOSQUE

Un cómic sinxeliño sobre o bosque...a ver se vos animades a crear o voso propio!!!

3 abr 2012

DE LOITO...




As Fragas do Eume é un parque natural que foi creado o 30 de xullo de 1997 e abarca 9 126 hectáreas nas riberas do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia de A Coruña.
Os seus bosques están considerados un dos mellores exemplos de bosque atlántico termófilo do continente europeo.

O 31 de marzo de 2012 desencadeouse un incendio, probablemente provocado, arrasando parte do parque. A área de bosque calcinada estímase en máis de 1000 hectáreas. A parte máis importante turisticamente (aquela que rodea ao Mosteiro de Caaveiro) quedou totalmente calcinada. As primeiras investigacións apuntan a un incendio provocado e a graves erros posteriores na xestión do problema.