13 mar 2012

SEMANA DA PRENSA

Na biblio celebramos a Semana da Prensa cunha morea de xornais... Ven ler!!

SE TE QUERES ENTERAR DAS NOVAS QUE ESTÁN ACONTECENDO
VEN Á BIBLOTECA E ENTERARASTE LENDO!!!!

12 mar 2012

A SEMANA DA PRENSA




9 mar 2012

ENCANTOUVOS, EH??

Póñovos o fragmento de hoxe por se o queredes volver ver coa familia...




Esta curtametraxe de Javier Fesser conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena senegalesa de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa prima de ir ao colexio. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu, "a gran idea"...

Para os peques que aínda non sabedes ler... e para os vagonetas :-)
Aínda que vos recomendo vela en versión orixinal, sobre todo porque escoitar a Binta é marabilloso.


8 mar 2012

QUEDAMOS CON GANIÑAS...

...así que mañá temos unha nova cita coa igualdade...
As e os que queirades pasádevos no recreo da mañá pola biblio, porque proxectaremos un vídeo que vos vai encantar!!

Aí vai unha mostra para abrirvos o apetito...

7 mar 2012

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Mañá celebraremos este día na Biblio. Leremos e veremos cousas que che van dar que pensar...

 

Para ir abrindo boca...


5 mar 2012

PARA OS QUE NON A VISTES EN DIRECTO...


Neste vídeo podemos ver a viaxe dos nosos queridos libros... sen dúbida este seu último destino é o que máis lles gustou. Disque se van a quedar aqui mooooito, moito tempo.