24 feb 2012

XA TEMOS NOVA BIBLIO!!!!!!!

OLA A TOD@S!!!
QUE CONTENTIÑA  ESTOU , XA TEMOS NOVA BIBLIO!!

O venres foi un  día cargado de emocións: despois do recreo chegou XOSÉ NEIRA VILAS . Cando o vin entrar pola porta non daba creto... moitas grazas veciño! O día seguía e empezaron a chegar os pais e nais, grazas tamén ..  Eu creo que lles gustou moito porque saían cunha cara de felicidade...despois vimos un vídeo...e ... aínda non estaba eu recuperada de tanta emoción e menudo susto: de súpeto entra un home montado nun cabaliño!! resulta que era o contacontos Anxo Moure, que cansadiño viña!  pero eso sí, moi contento de estar con nós nun día tan especial.
O CARBALLO CON BOTAS

NEIRA VILAS ASINOUNOS LIBROS...

16 feb 2012

POR FIN!!!!!!!!!!!!!!!!!

MANÁ É O GRAN DÍA NEN@S!!!!!!!

VIDE BEN GUAPIÑOS, FACEDE COMA MIN.  ESTES DÍAS ESTIVEN LIADÍSIMA CO TEMA DA DENTADURA! XA SABEDES COMO É O DOS DENTISTAS, VAS POR UNHA CARIES DE NADA E ACABAN POÑÉNDOCHE OS DENTES NOVOS!!!

ATA MAÑÁ!!!!

1 feb 2012

SON MOOOOOI FELIZ!!

Aaaaaaahhhhhhhh!!!!!! Agora entendo!!
Por iso vos vía andar cargados de arriba para abaixo... e ese olor a disolvente ou pintura, non sei, que non había quen parara (como sabedes o olfacto non é o meu sentido máis desenvolvido... non teño naris!!!!).
Andivestes pintando? de que cor? Contádeme máis que morro de curiosidade. Quedou chula?
Podiades poñerme algunha foto...

E eu que estaba intranquila coas moitas voltas que dabades algúns, e mira ti por onde...
TEMOS UNHA NOVA BIBLIO!!!!

Paréceme xenial, porque o certo é que a outra estaba ben bonita, tes razón Noelia, pero quedaba un pouco a desmán; eu xa case non subía porque me resultaban incomodísimas tantas escaleiras. E ademais facía frío nela e o teito estaba bastante deteriorado... menos mal que tivestes esa idea de cubrilo simulando o ceo: sodes super apañadiñ@s!!
Así que con un pouco de pena, si, pero o cambio foi para mellor...PARA MOITO MELLOR!!

Oe Rubén: por que pensas que puxeron unha "esterilla" na biblio? eso non o entendín moi ben... Ás veces as profes teñen cada cousa!!
Noe: o traballo segue estando aí, non se perdeu, e agora verase mellor ca nunca...

: - )