26 dic 2012

BO NADAL A TOD@S!!!

Dende  a BIBLIOTECA  do CEIP CERDEIRIÑAS desexámosvos un bo nadal e feliz aninovo 2013.
Non vos esquezades de pedirlle un libro aos reis!! Felices lecturas!!




27 nov 2012

CONTINÚA A VIAXE DA IGUALDADE...

Visto o éxito das actividades que estaban programadas para onte, pensamos que estaría ben facer desta unha semana especial para reflexionar en pór en común opinións, emocións, vivencias...

Así que:

            O mércores e venres no recreo da mañá menteremos unha conversa sobre esta temática
            O xoves, como sabedes, pónse en marcha o club de lectura. O seu responsable, Rubén, fará de novo de contacontos, posto que hoxe o fixo estupendamente co Ratiño Presumido.


 Pincha para velo e, sobre todo, escoitalo

25 nov 2012

TRANSPORTÁMONOS CARA A IGUALDADE

Unha cuestión matemática ben sinxela: nin + nin - : =


Pincha para saber máis      



O libro dos porcos 
       




INVISIBLES

Neste  vídeo explica breve e claramente o papel que a muller xogou nas diferentes etapas históricas. 
Moi recomendable



A princesa que quería ser muller





Xogando en igualdade




Miniquest "As irmás Mirabal"
O papel da muller nas películas Disney
Campaña "Por ser nenas"
Música de Huecco: "Se acabaron las lágrimas"

26 oct 2012

TRANSPORTÁNDONOS


 
Que chulo nos quedou, non? dá gusto esa colaboración desinteresada...

25 oct 2012

WILLY FOG

Con esto de tanto transporte parece que se nos está pegando o espíritu aventureiro do protagonista da recoñecidísima obra de Julio Verne, "A volta ao mundo en 80 días".Anímovos a aprendervos esta canción...
 

24 oct 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Unha pequena mostra da maxia deste recuncho onde a nosa imaxinación percorre outros mundos, a cabalo de avións, barcos, bicicletas, motos, coches, autobuses e trens de cores...
 

16 oct 2012

ESTAMOS NO OUTONO

Preme nos cogomelos e divertiraste moito con estas actividades tan outonais!!

ASÍ COMEZAMOS O CURSO...


Para ver as fotos preme aquí

2 oct 2012

BENVID@S AO NOVO CURSO!!

Ola a tod@s !! Como se nota que pasamos este tempo de vacacións sen vernos, que altos,  que maiores... Notouse moito a vosa falta no colexio, menos mal que estiven moi entretida na biblioteca tan chuli que tedes.
Alguén me pode explicar que é esa cinta que vai dende a entrada do colexio ata a porta da biblio? Espero as vosas respostas.
Reboliapertas!!

18 jun 2012

XA ESTÁ REMATADO!!!

Remata o curso e con el a actividade que vos propuxemos este ano: Lendo á sombra dunha árbore.

Os resultados foron magníficos, como podedes ver...

Agardamos que para o vindeiro ano, todas esas cariñas que se botan de menos na nosa árbore se animen tamén.
GRAZAS A TODAS E TODOS!!!!

18 may 2012

A INVASIÓN DA PROCESIONARIA!!

Era un día de sol. 29 de febreiro de 2012. Un día coma calquera outro, agás pola data: xa sabedes, 29 de febreiro só hai cada catro anos.
Patio do Ceip Cerdeiriñas. Hora do recreo. Toca o timbre e os nenos saen coma foguetes. O primeiro en chegar abaixo colle o balón, contento porque vai poder decidir quen xoga contra quen.  Os demais van chegando á pista dispostos a aproveitar cada un dos trinta minutos que teñen por diante... pero algo vai truncar os seus plans: teñen unha visita inesperada.
Entrouvos a curiosidade? pois premede aquí para ver o vídeo


17 may 2012

A ÁRBORE SABIA COMEZA A DAR FROITOS!!

Que ben!!

Xa podemos inaugurar oficialmente o apartado de...
FOTOS ENVIADAS POLAS FAMILIAS PARA A ACTIVIDADE LENDO Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE
Que guapas e guapos estades cun libriño na man resgardados nunha boa sombra. A verdade é que lle dades envexa a calquera.

LENDO Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE

Moitas grazas aos máis lanzados, a ver se ides animando aos demais.

14 may 2012

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Preme para ver o vídeo

 
Como xa sabedes, comezou a nosa particular campaña de animación á lectura: LENDO Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE.
Estamos ansiosos por ver as vosas fotos e porque nos contedes como foi a experiencia.
Non vos durmades!!!

AS MELODÍAS DAS LETRAS GALEGAS





4 may 2012

LETRAS GALEGAS 2012


Adicadas a Valentín Paz Andrade (Lérez - Pontevedra, no 1898 - Vigo, 1987)


Nesta páxina d@s nosos compañeiros do recuncho de Mik, atoparedes todo tipo de recursos.


Déixovos este vídeo elaborado por uns compis do CPI dos Dices Rois. Dunha maneira amena entérate da vida do autor protagonista deste ano!!!

23 abr 2012

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL



Preme na imaxe e ao rematar a ver se es capaz de contestar á miña pregunta:

Por que se elixiu o 23 como Día do Libro?

22 abr 2012

LENDO Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE

Como vos adiantei onte, ésta é a actividade que se realizara no colexio ao longo da semana.

Gustaríanos facer unha montaxe con fotos e vídeos, polo que vos convido a que nos acheguedes tamén as vosas.

PAPIS, AVÓS, TÍOS, VECIÑOS...
a cousa é moi sinxela:


Escollede un libro, escollede unha árbore e pasede un bo momento cos cativos/as.
Ah!! e non vos esquezades de sacar unha fotiño, e mandárnola despois. Se non é moito pedir, poñédenos tamén onde foi sacada e como se chama a árbore.




Pasádeo ben!!!!!!!

21 abr 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: POR QUE O 23 DE ABRIL?

A vindeira semana, os nosos amigos da biblio (os libros)  seica van estar de festa...
Polo que escoitei os libros van saír ao patio e vanse colocar debaixo da súa árbore preferida, agardando a que algunha nena ou neno maior o colla e o lea en voz alta, para os demais. E tamén me dixo un paxariño que haberá algunha que outra sorpresa...

Ten boa pinta, non?



Pero... alguén sabe por que se elixiu esa data? Por que o 23 de abril? que pasou ese día de especial?



16 abr 2012

CÓMIC DO BOSQUE

Un cómic sinxeliño sobre o bosque...a ver se vos animades a crear o voso propio!!!

3 abr 2012

DE LOITO...




As Fragas do Eume é un parque natural que foi creado o 30 de xullo de 1997 e abarca 9 126 hectáreas nas riberas do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia de A Coruña.
Os seus bosques están considerados un dos mellores exemplos de bosque atlántico termófilo do continente europeo.

O 31 de marzo de 2012 desencadeouse un incendio, probablemente provocado, arrasando parte do parque. A área de bosque calcinada estímase en máis de 1000 hectáreas. A parte máis importante turisticamente (aquela que rodea ao Mosteiro de Caaveiro) quedou totalmente calcinada. As primeiras investigacións apuntan a un incendio provocado e a graves erros posteriores na xestión do problema.



13 mar 2012

SEMANA DA PRENSA

Na biblio celebramos a Semana da Prensa cunha morea de xornais... Ven ler!!

SE TE QUERES ENTERAR DAS NOVAS QUE ESTÁN ACONTECENDO
VEN Á BIBLOTECA E ENTERARASTE LENDO!!!!

12 mar 2012

A SEMANA DA PRENSA




9 mar 2012

ENCANTOUVOS, EH??

Póñovos o fragmento de hoxe por se o queredes volver ver coa familia...




Esta curtametraxe de Javier Fesser conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena senegalesa de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa prima de ir ao colexio. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu, "a gran idea"...

Para os peques que aínda non sabedes ler... e para os vagonetas :-)
Aínda que vos recomendo vela en versión orixinal, sobre todo porque escoitar a Binta é marabilloso.


8 mar 2012

QUEDAMOS CON GANIÑAS...

...así que mañá temos unha nova cita coa igualdade...
As e os que queirades pasádevos no recreo da mañá pola biblio, porque proxectaremos un vídeo que vos vai encantar!!

Aí vai unha mostra para abrirvos o apetito...

7 mar 2012

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Mañá celebraremos este día na Biblio. Leremos e veremos cousas que che van dar que pensar...

 

Para ir abrindo boca...


5 mar 2012

PARA OS QUE NON A VISTES EN DIRECTO...


Neste vídeo podemos ver a viaxe dos nosos queridos libros... sen dúbida este seu último destino é o que máis lles gustou. Disque se van a quedar aqui mooooito, moito tempo.

24 feb 2012

XA TEMOS NOVA BIBLIO!!!!!!!

OLA A TOD@S!!!
QUE CONTENTIÑA  ESTOU , XA TEMOS NOVA BIBLIO!!

O venres foi un  día cargado de emocións: despois do recreo chegou XOSÉ NEIRA VILAS . Cando o vin entrar pola porta non daba creto... moitas grazas veciño! O día seguía e empezaron a chegar os pais e nais, grazas tamén ..  Eu creo que lles gustou moito porque saían cunha cara de felicidade...despois vimos un vídeo...e ... aínda non estaba eu recuperada de tanta emoción e menudo susto: de súpeto entra un home montado nun cabaliño!! resulta que era o contacontos Anxo Moure, que cansadiño viña!  pero eso sí, moi contento de estar con nós nun día tan especial.
O CARBALLO CON BOTAS

NEIRA VILAS ASINOUNOS LIBROS...

16 feb 2012

POR FIN!!!!!!!!!!!!!!!!!

MANÁ É O GRAN DÍA NEN@S!!!!!!!

VIDE BEN GUAPIÑOS, FACEDE COMA MIN.  ESTES DÍAS ESTIVEN LIADÍSIMA CO TEMA DA DENTADURA! XA SABEDES COMO É O DOS DENTISTAS, VAS POR UNHA CARIES DE NADA E ACABAN POÑÉNDOCHE OS DENTES NOVOS!!!

ATA MAÑÁ!!!!

1 feb 2012

SON MOOOOOI FELIZ!!

Aaaaaaahhhhhhhh!!!!!! Agora entendo!!
Por iso vos vía andar cargados de arriba para abaixo... e ese olor a disolvente ou pintura, non sei, que non había quen parara (como sabedes o olfacto non é o meu sentido máis desenvolvido... non teño naris!!!!).
Andivestes pintando? de que cor? Contádeme máis que morro de curiosidade. Quedou chula?
Podiades poñerme algunha foto...

E eu que estaba intranquila coas moitas voltas que dabades algúns, e mira ti por onde...
TEMOS UNHA NOVA BIBLIO!!!!

Paréceme xenial, porque o certo é que a outra estaba ben bonita, tes razón Noelia, pero quedaba un pouco a desmán; eu xa case non subía porque me resultaban incomodísimas tantas escaleiras. E ademais facía frío nela e o teito estaba bastante deteriorado... menos mal que tivestes esa idea de cubrilo simulando o ceo: sodes super apañadiñ@s!!
Así que con un pouco de pena, si, pero o cambio foi para mellor...PARA MOITO MELLOR!!

Oe Rubén: por que pensas que puxeron unha "esterilla" na biblio? eso non o entendín moi ben... Ás veces as profes teñen cada cousa!!
Noe: o traballo segue estando aí, non se perdeu, e agora verase mellor ca nunca...

: - )

31 ene 2012

XA NON ME QUEREDES??

26 ene 2012

QUE ESTÁ PASANDO???!!!!



Ola nenas e nenos!
Perdoade que me dirixa a vós así de alterada, pero veredes o que me acabo de atopar...




Sabedes o que é esto? este espazo baleiro, frío, aburrido... a Biblioteca!!!!!! a nosa Biblioteca!!!!!
Non queda nin un só dos meus queridos amigos os libros... NIN UN!!!!
Só deixaron uns sofás vellos, que gracia...será para durmir a siesta.

Por favor, se sabedes que está pasando contádeme algo, porque esta angustia dame unha dor de oídos... ata me parece que se me están descolgando as orellas, imaxinádevos!!

16 ene 2012

MÁIS SOBRE AS FRAGAS

Unha viaxe virtual polas fragas...movede o rato e ide descubrindo a marabillosa paisaxe...

É alucinante!!!

As fragas do Eume

Sabiades algo sobre este noso paraxe natural?
Premede na imaxe para saber máis.