29 nov 2011

22 nov 2011

MEMORIAS...

Lembrades que o outro día vos comentei que o libro de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, está de 50 aniversario?
Déixovos unhas ligazóns para que vos informedes, xoguedes, leades e sobre todo gocedes con este marabilloso libro.

17 nov 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

11 nov 2011

A TODO PORCO LLE CHEGA O SEU...

...SAN MARTIÑO!!
HOXE, 11/11/11, É, COMO CADA 11 DE NOVEMBRO, O DÍA DO PEÓN, E TAMÉN O DÍA DO SAN MARTIÑO:
"POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO"... OU ...CASTAÑAS E VIÑO"... OU NOCES A ROLIÑO"... OU...O INVERNO VÉN DE CAMIÑO"...
SABEDES MÁIS DITOS?

Lembrades a canción da Banda Ourensóns, Coma o trompo?

Dá unhas gañiñas de mover o traseiro...ou os lapis!!

8 nov 2011

HUECCO: DAME VIDA

O cantante Huecco promove esta iniciativa, "Dame vida", que vai supór unha acción benéfica sen precedentes. Música e deporte unidos por unha boa causa: levar a luz a sitios nos que aínda é un soño...

Como?
Pois Huecco escribiulle unha canción a unha pelota moi especial: é unha pelota de cor verde esperanza diseñado por dúas mozas estadounidenses, que fai maxia!! si, si, é máxico!!
Veredes: instalaron uns acumuladores de enerxía dentro da pelota para que se recargara coas patadas e poder aproveitar esa enerxía posteriormente.Chámase sOccket: 15 minutos con él e é capaz de acumular enerxía dentro para enchufarlle una lámpada LED e xerar horas de luz.
Para saber máis, preme aqui.

A canción vaivos encantar, ben o sei eu...hai un montón de caras coñecidas!!!

3 nov 2011

XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe está de aniversario o noso veciño máis ilustre, o escritor Xosé Neira Vilas. Dende aquí mandámoslle unha forte aperta e os nosos parabéns!
:-)
E un sorriso de agasallo, que nunca vén mal...

Non sei se o sabedes pero el é o autor do libro máis lido da historia da literatura galega: Memorias dun neno labrego. Foi traducido a moitísimas linguas, coma o chinés, o alemán, o inglés, o ruso ou o checo... . Publicouse no ano 1961, e conta a historia de Balbino, un rapaz da aldea de Gres.
O libro comeza así:

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."


Anímovos a que o leades. Eu xa o fixen, e encantoume. Ademais este é un ano especial, porque, se botades contas, veredes que Memorias dun neno labrego cumple 50 anos.