13 mar 2017

Visitando as bibliotecas do mundo!!!!

Polo Día Internacional das Bibliotecas organizamos a nosa biblioteca coma as demais bibliotecas do mundo recitando poemas que nos orientan para buscar libros. E, que sorte, puidemos contar coa presenza  de Dª Carmen Lareo.

Rematamos a mañá elaborando unha composición escultórica para achegarnos máis aos escultores, que é a temática elixida no presente curso para  a PDI.

Why people learn languages?



O mural das linguaxes achegou a todo o alumnado do centro á importancia dos diferentes idiomas.

11 mar 2016

MENUDOS ARTISTAS!!




Estas son algunhas das obras que están surxindo do proxecto que estamos a levar a cabo sobre os PINTORES!!
Unhos verdadeiros artistas, non vos parece??

5 feb 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ



O pasado venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz no Ceip Cerdeiriñas.Como ben sabedes este ano estamos traballando "Os pintores" decidimos decorar con diferentes técnicas a pomba que pintou o famoso pintor Pablo Picasso para o Congreso Mundial da Paz de 1949.
Mirade que ben nos quedou!!

13 may 2015

V ANIVERSARIO DA REBOLIÑA

Este martes a nosa mascota estivo de aniversario, cumpriu 5 anos. Parabéns Reboliña!!!
Rebolibicos.

12 may 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY

Comezamos a Semana das Letras Galegas dun xeito  moi especial.
Que emoción cando vin entrar no cole a FINA CASALDERREY!! Non o podía crer , igual que os nen@s de 1º cando a viron entrar na súa aula.
Que ben o pasamos na biblioteca con ela, falounos dunha tal "sensibilidade", contounos moitas cousas sobre a súa vida e obras.. Os nen@s de 1º contáronlle o último conto que estiveron traballando "Cando a terra esqueceu xirar". Firmou moitos libros...
Moitas GRAZAS Fina!!


14 abr 2015

DÍA DO LIBRO

Xa temos lista a nova exposición de libros titulada "Os nosos autores",. Para conmemorar o Día Mundial do Libro este ano preparamos xunto ao mural que hai na entrada do colexio unha exposición de libros dos autores que estamos a traballar no proxecto deste curso. Nela poderedes atopar libros de Pepe Carreiro, Fina Casalderrey, Castelao, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquexz, Rosalía de Castro... Vinde a visitala!!